Seguimos estudando as antigas costumes e rituais de nosos ancestros,
no campo vinculado as postas de sol ou ata a constelacións con traballos
rupestres, ben sexan pías ou lagares, ou ben pola contra petróglifos de coviñas
ou cazoletas. Nestes últimos meses avanzouse bastante o atopar restos destas características
que parece moi similares e cumprindo patróns en cumios como este, no Galleiro,
Picaraña, Couto da Pía (Faro de Avión) ou mesmo na emblemática Cabeza de Manzaneda. Espero pronto sacar
algunha hipótese e traballo da relación entre elas e súa posible
interpretación. Saudiños!
lunes, 8 de agosto de 2016
Pías ritualísticas ancestrais no cumio do Monte Couto María, Ribadetea (...
No cumio dun dos millores miradores naturais sobre o val do Tea, o monte Couto María, en Ribadetea (Ponteareas), aparecen un numero de pías ou lagares rupestres que parece que claramente foron alterados artificialmente. Cinco deles consérvanse moi ben, están orientados a posta do sol, o igual que outros da zona como as da Picaraña, polo que todo parece indicar que no pasado remoto foran cavadas na pedra para rituais de derrames de líquidos ou libacións, algo que parece moi característico en cerimonias primitivas a divindades solares.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario