sábado, 26 de noviembre de 2016

Visita os petroglifos do Charco, Padróns, Ponteareas

Visita a unha das estacións  de arte rupestre prehistórica menos coñecidas do concello, os petróglifos do Charco, Padróns.

Estes atópanse nunha area, coñecida a día de hoxe como Monte Aberto, a cal e muita máis ampla no campo de restos arqueolóxicos prehistóricos. Antigamente era coñecida como “Alto da Arca”, o que xa nos é un indicador da existenza de monumentos funerarios prehistóricos, máis concretamente mámoas ou antas. E unha zona elevada en forma de lomba sobre o val directo do río Tea, facendo de escalón cara os montes máis altos da Serra do Galleiro, e cortado pola cara sur polo río Mouróns e pola norte polo río Maceira, ambos vertentes no Tea.

Xusto na parte alta e máis oriental da lomba, sobre o val do Tea e barrio de Chan da Gándara en Padróns, apareceron fai pouco polas obras dunhas granxas as cistas funerarias que daban nome o “Alto da Arca”. Tratase de tres cistas, e monumentos funerarios do último período do megalítismo galaico máis sinxelas que as tradicionais antas anteriores. Xusto a elas apareceron restos de culto nos seus redores como unha estela funeraria e signos dun asentamento, que como as cistas parece corresponder o Bronce inicial, e dicir xa dentro do período  calcolítico dos metais.
Pero este non sería o único asentamento descuberto na zona, pois posiblemente algo anterior, no lugar máis o norte do Miñoto (Ribadetea), tamén apareceron restos cerámicos dun asentamento habitacional o ar libre. Deste modo, e coas clara probas de que unha comunidade do Neolítico habitaba estas terras, aparecen restos de súa arte rupestre en forma de petróglifos nos redores, tal vez os máis simbólicos e millor conservados o norte do asentamento e necrópole antes mencionada do Alto da Arca, os petróglifos do Monte Aberto ou Padróns. O este do asentamento do Miñoto, tamén aparece un petróglifo moi gastado nunha pedra cunha forma amorfa, que súas poucas marcas conservadas deixa descifrar, coñecido co nome petróglifo do Monte Aberto, o que eu chamo Monte Aberto II.

Traballo anterior feito nos petroglifos do Monte Aberto 

Pois ben, o norte do asentamento do Miñoto, e onde aparecen os petróglifos do Charco. Dicir que seu entorno esta totalmente tapado pola vexetación, de toxos e xestas maioritariamente, os cales tapan unha importante superficie do Monte Aberto, baixo a cal há unha importante cantidade de laxas e pedras graníticas, nas cales se pode apreciar restos dunha importante cantería no pasado, así como grandes cazoletas de orixe descoñecido, as cales algunhas por súas alteracións e situación, non semellan de total orixe natural.

Este xacemento do Charco, esta dividida en tres estación de pedras diferenciadas onde aparecen os restos rupestres, Chanco I, Charco II e Charco III. Dicir que son pedras graníticas de pequeno e medio tamaño, con superficie alterada. As talladuras foron feitas adaptándose a estas superficies baltolíticas.
No Charco I (GA 36042042) podemos ver un conxunto de pedras xuntas, onde aparecen catro petróglifos, correspondentes a tipoloxía clásica do val do Tea e litoral atlántico dos círculos concéntricos, sendo algúns claros ata a terceira liña. Todos aparecer no centro con unha coviña e ou surco de arranque. Dicir que aparece un intermedio nunha pedra pequena con restos doutro círculo que no catalogo de patrimonio non se contempla.



O petróglifo da pedra co nome Charco II (GA 360420103) non a puiden atopar, pois a vexetación, en forma de musgo cubrían en gran parte as pedras. Pero tamén podemos ver na ficha de patrimonio que se trata do resto de outro círculo concéntrico claro. Tamén apreciase que arranca dunha coviña ou surco central.

O Charco III (GA 360420104), este tal vez e o que máis me chamou a atención, pois tratase dun circulo, duns 20 cm de diámetro, o cal no seu interior se ven claramente tres coviñas maiores e outras tantas de menor tamaño. Fora do círculo aparecen liñas circulares e algunha coviña. O que sorprendeu, e que ten un petróglifo case xemelgo nos recentes atopados no lugar da Carreira, na parroquia de Pías, o outro lado do Tea, os cales son da mesma tipoloxía de círculos concéntricos e coviñas.


Por último, dicir que de forma fortuíta me atopei noutra pedra un novo petróglifo, o cal podemos chamar Charco IV. Tratase de dous claros círculos, en forma concéntrica os cales o contrario que o resto dos atopados, non ten coviña ou surco no centro. Máis abaixo pode ter restos dun terceiro circulo. 



Para rematar este pequeno recordatorio xeral, futuros estudos falaremos da areas xeral do Monte Aberto, a cal todo parece que nos da premisas que habitou unha comunidade no Neolítico, ata o bronce que parece marcar o paso, de comunidades máis primitivas que habitaban nas lombas da Serra do Galleiro, onde aparecen restos como mámoas ou asentamentos, seguramente cunha economía máis vinculada a caza e gandería, a baixar pouco a pouco o val do Tea tras un solo máis profundos para o desenrolo da agricultura.
Dita comunidade, vendo a gran semellanza e mesma tipoloxía, do conxunto de petróglifos do Monte Aberto e A Carreira, en Pías, puido cruzar o Tea e ter un habita a ambas ribeiras, ou pola contra, ser dúas comunidades emparentadas.
Vídeo resumo no lugar.

Lugar e restos no Monte Aberto, Ribadetea-Padróns


sábado, 19 de noviembre de 2016

A pisada guerreira na Louriña

Un dos segredos maior gardados do Val da Louriña, e súa riqueza lendaria e épica que garda do seu pasado remoto, tanto que chega a época dos castros e a loita dos galaicos contra os romanos fai uns 2000 anos.
Poucos lugares da terra galaica, que saibamos, poden presumir de tanta riqueza de historias e mitos deste período, polo que persoalmente, como autor deste texto, non entendo que se de máis valor o traído de fora en festas da zona, onde se recrean feitos ficticios de persoaxes de lugares lonxanos, en vez de valorar o noso, algo por desgraza moi típico no pobo galego.
Con isto non quero desprestixiar a ninguén nin a nada, e sabido que todos os eventos levan un gran esforzo persoal e desgaste, pero si, para enriquecernos máis con nosa historia e pasado, recorden estas lendas e historias das nosas terras, que ata contan o orixe do nome dos pobos onde vivimos.
Podemos recordar así dúas lendas das terras da Louriña, a primeira ambientada no século IV a.C, en pleno auxe da etapa castrexa ou dos castros antes da chegada dos romanos, da cal se gardan importantes fragmentos no Archivo Diocesano da Catedral de Tui, que nos fala do orixe do nome do O Porriño, toda unha reliquia.
O redor do ano 377 antes de Cristo, un labrego que vivía xunto as augas do río Louro e asasinado xunto súa familia polo rei dos Grovios (Tribo con capital na zona de Tui) chamado Trota “o Ilustre”, o parecer por motivos de queixas ante os impostos deste.
Entón os poboadores se alzan en armas e marchan contra o rei Trota cuns 100 guerreiros, os cales se unen outros 400 bracarenses (da tribo belicosa dos Brácaros, que asentábanse na zona da actual Braga) todos as ordes do xoven guerreiro Ghovari, o cal vence os tudenses matando a Trota e súa familia en vinganza, gañándose un gran respecto das tribos dos seus redores. Logo instala súa nova capital como caudillo dos Grovios en “A Quinta”, na parroquia de Pontellas.
O nome de O Porriño descende do sobrenome que se ganou o novo caudillo, o cal chamaron “O Pueril”, pois só contaba con 17 anos cando venceu a Trota, sendo así o orixe do nome de O Porriño e súas terras.
A segunda que imos relatar, nos fala duns Asterix e Obelix anónimos, pero coa diferenza de que estes non resistían nunha pequena aldea gala os romanos, senón nas propias terras do Val do Louro. Segundo esta lenda, nos contan que eses antepasados nosos foron a última tribo en ser sometidas os romanos, os cales tiveron que pactar o non conseguir vencelos.
Se di que alí chegou o redor do ano 70 d.C o xeneral romano Vespiano e súas tropas. Os Grovios que habitaban as ribeiras do Louriña conseguen resistir 7 meses, pero logo chega a lexión XI Legio Ave Fénix que cambia a balanza. Finalmente no ano 72 os Grovios porriñenses deciden pactar e renderse abríndolle as portas a Roma, sendo o último pobo galaico en facelo. O trato beneficiou tanto a eles como a Roma, facéndose socios comerciais e non sometidos.
Para rematar esta Memoria da Terra, agora que recordamos isto dos nosos antepasados, e recoñecendo o gran traballo que se realiza en algúns eventos e festas da zona, porque non meter pouco a pouco parte do noso legado galaico, como o exemplo destas dúas historias, para dalas a coñecer e por en valor noso riquisimo pasado. O traballo máis dificil tal vez xa esta feito, agora só falta recordar o que fumos.
Publicado para:


miércoles, 26 de octubre de 2016

SUBIDA O MUSTALLAR (1.935 m) E PICO LAGOS (1.866 m), PRIMEIRA RUTA NOS ANCARES.

Sábado, 8 de outubro do 2016.

Desta vez, o contrario de outras subidas que sempre fixen en plan individual, esta foi traballada e realizada en equipa. Xa dende semanas antes, estivemos organizando todo, a ruta, a subida, os horarios, e dicir, tiñamos unhas incribles gañas de subir os cumios da serra dos Ancares e de aventuras.

Finalmente decidiuse subir un dos picos con millor fama desa serra, o Mustallar, que pese non ser o máis alto, algúns si din que é o máis fermoso. Despois, en ruta tentaríase subir algún máis dependendo do desenrolo do día. O equipo, que en principio iamos ser cinco, quedouse reducido en catro, pois o compañeiro Abel, o único que xa subira a este monte do grupo, non puído vir por un contra tempo. Quedamos así dous de Ponteareas, Nelson e eu, un compañeiro do Covelo, Tiago, e por último outro da outra punta da Galiza, David, da Fonsagrada.


Con todo listo, quedamos entorno as 10 da mañá en Cacabelos (O Bierzo), saíndo nos de Ponteareas as 7:00 e David dende a Fonsagrada. Xa en xuntos en Cacabelos, subimos en carro a Burbia, no Bierzo, de onde comezaria nosa ruta e aventura. Eliximos esta ruta por ser máis longa e tal vez completa.

Arrancamos entorno as 11 da mañá, e o primeiro tramo duns 4 km dirección o Mustallar, faise moi cómoda e con pouca inclinación. Polo camiño imos vendo feces de lobo, raposo, xineta... polo que se fai entretido este tramo.

Cando comezamos a ver o impoñente Mustallar, comezamos unha subida empinada no medio dunha fermosa carballeira con muito castiñeiro tamén, esta ascende por un carreiro estreito en zig-zag, chegando as veces a inclinacións considerables. Unha vez pasada esta, a paisaxe se abre e rematan os carballos, e podemos ver a abrupta e escarpada cara oriente do Mustallar. Aquí comeza un novo camiño, onde por veces há que subir por zonas cheas de pedras sen apenas indicacións, rodeados de pradeiras en gran pendente.

Nunha destas, o lonxe podemos ver un rabaño de rebecos, que o lonxe, desconfiados, tamén nos observan.
Comezamos subindo para chegar a unha quebrada entre os Picos Mustallar e Penalonga, dende a cal, se ve unha lomba ou rampa moi empinada ata o cumio do Mustallar. Xa na quebrada, a 1700 metros, se mira unha valla que separa Galiza de Castela León, si, unha desas que máis que parecen da vergoña que outra cousa. A cruzamos e comezamos o ascenso de máis de 200 metros pola inclinada lomba, onde se ven máis montañeiros subir.
A lomba faise pesada e longa, nos seus puntos máis inclinados dar catro pasos seguidos sen parar uns segundos faise moi difícil, e despois de toda a subida anterior a moi bo ritmo, as pernas comezan a sentir esta montaña, que se fai máis dura que Trevinca por exemplo. O primeiro en facer cumio e o compañeiro Tiago, pois os outros tres paramos un tempo maior a tentar fotografiar os rebecos anteriormente. Con muito esforzo e suor, nun explendido día con nubes pero soleado, os outros tres tamén chegamos o cumio.

Corría as 14:10 cando chegamos arriba, máis de 30 minutos nos levou facer a última lomba, sen dubida algunha, a máis dura. No cumio há máis montañeir@s, e da a casualidade que algúns coñecidos de nosa terra, así son esas grandes sorpresas da aventura as veces. Grazas o bo día bastante claro, a vista e fermosa, dende o pico se poden ver a parte da propia serra dos Ancares cos seus picos máis emblemáticos, se mira o Courel, Trevinca, O Teleno, Manzaneda, a Cordilleira Cantábrica, ata cara o mar Cantábrico podemos ver a Serra do Xistral. Indo moi ben de tempo, con tranquilidade xantamos antes de descender.

Antes de descender pola vertente sur, planificamos subir tamén o Pico Lagos e logo, no descenso circular cara Burbia, pasar polos lagos de Vilouso. Comezamos así a baixar con muito ánimo e humor, o pouco nos desviamos da ruta para subir e crestear unha pequena cima moi pedrosa e esporada na cara sur, un pouco de aventura e adrenalina sempre sinte ben o corpo en momentos así.



Logo baixamos cara á quebrada que fai o Mustallar co Pico Lagos, mirando unha vez máis atrás, o fermoso Mustallar e seus fortes desniveis. Tamén nesa quebrada, vemos outro rebaño de rebecos que nos visitan o lonxe. Comezamos a subir o Pico Lagos, o cal facemos con facilidade o vir dun cumio máis alto. Chegamos arriba as 15:45 a 1.866 metros, e sen perder muito tempo comezamos a descender por un cordón longo que une este monte coa quebrada do pico Corno Maldito.
Dicir, que nese cordón, entre a Galiza e o Bierzo, nos sorprende unha forte rafaga de vento que parecía saída da nada, pero que nos fai por as chaquetas, o que para nos foi case unha anécdota, pois o clima estaba sendo moi agradable todo o día. Unha vez na quebrada co Corno Maldito, vemos que podemos descender ata un sendeiro que se mira máis abaixo que vai directo os lagos. Estando os pes do ascenso o pico Corno Maldito, nos entra unha gran ambición de subilo, que nos tenta e comezamos a falalo, pero finalmente, non decidimos arriesgar por se na baixada, non coñecendo a ruta nin a distanza a Burbia, nos collese a noite.

Descendemos por un semi sendeiro improvisado e nos imos orientando ata dar co camiño que baixa os lagos de Vilouso, os cales o chegar, vemos que a seca do verán inda fai meia neles. Continuamos baixando e imos deixando o paisaxe de praderías de montaña, para irnos adentrarnos nunha incrible fraga de acivros, a verdade que nunca na vida viramos ningún dos catro tanto acivro xunto. Tamén pasamos polo refuxio de montana de Acebalin, o cal atopase nun estado moi bo, o que nos fai pensar en futuras rutas de máis dun día.
O carón do arroio Vilouso paramos a merendar con muita tranquilidade, para facer o último tramo máis suave e doado. De vez en cando vemos atrás para ver como muda o tempo na montana coa chegada da tardiña, aparecendo nubes e pequenas néboas. Así chegamos a Burbia, a fermosa aldeia do punto de partida, nos mudamos e tomamos algo en situ falando da fermosa ruta e seus millores momentos e curiosidades.

Por último, dicir que esta foi a montana que máis me sorprendeu ata agora na terra galaica, tanto en dificultade e desnivel, que contaba con menos, como en fermosura e variedade, pois dende alí tes pe a muitas máis rutas e máis montanas da zona, polo que acho volver algún día.

Como curiosidade, miña nota na cima foi que seguría sen fumar, ese era o día 6 sen facelo, e hoxe sigo cumprindo ese desafío con 24 días sen fumar e subindo. Pronto, este novo equipiño que acabamos de comezar a disfrutar xuntos das rutas, montañas e a propia natureza e seus encantos,  subiremos outro cumio mítico do noroeste, polo que até a próxima aventura e cumio!
Algús datos:
Distancia: 21 Km                     
Altitude máxima: 1.935 m
Altitude mínima: 887 m
Desnivel:1.141 m

Tempo total: 7 horas 30 minutos máis-menos.
Ritmo: Subida forte con baixada tranquila, co muitas paradas.
Tipo de ruta: Circular.

miércoles, 12 de octubre de 2016

Petroglifos da Carreira, novo arte rupestre en Ponteareas

Novos petróglifos atopados no lugar
da Carreira, no barrio de Puntacóns na parroquia de Pías, Ponteareas. O seu
estudo foi realizado recentemente por Julio Fernández Pintos, tratase dunha tipoloxía
moi común na comarca e Rías Baixas, representacións maioritariamente circulares
e con abundantes coviñas. Moi pronto tentarei facer un pequeno estudo persoal
deles.



martes, 4 de octubre de 2016

Manifesto da primeira irmandade Ponteareas&Mos na mámoa do Salgueirón

Con un primeiro claro obxetivo, protexer, recuperar e por en valor a mámoa do Salgueirón, colectivos e persoas a nivel individual de Ponteareas e Mos xuntanse na Serra do Galleiro, que unha vez máis deixa de ser fronteira para se un punto de unión e fraternidade, xa tirou a primeira pedra, detrás irán as seguintes!



miércoles, 21 de septiembre de 2016

Galiza destruída, As Encrobas, un antigo drama





As Encrobas, ano 1976-1977.

O val das Encrobas atopase en Cerceda, onde polos anos do fin da ditadura e comezos da transición, levouse a cabo un dos maiores atentados esta terra e pobo galego, facer unha mina a ceo aberto de carbón no val, acabando así co entorno e vida das aldeas alí asentadas.


Os veciños, cheos de razón, valentía e raiba fixeron fronte as forzas de represión que alí se presentaron, acabando muitos e muitas detidas, un exemplo, a famosa foto da ancián aquí mostrada facéndolle fronte as forzas represivas. O final chegouse un acordo, pero pouco respetado pola empresa responsable da mina, Unión Fenosa, o que fixo que a día de hoxe máis de mil habitantes abandoaron o pequeno val. As fotos o din todo, terra e de quen a traballa.