martes, 7 de junio de 2016

Viaxe a Chapada de Diamantina II parte, O Poço do Diabo

Escrito no anterior blogue Ponteareas Historia Viva o mércores, 18 de setembro do 2013.

Viaxe a Chapada de Diamantina II parte, O Poço do Diabo

O Poço do Diabo (Pozo do Demo) atopase na Chapada de Diamantina, a 22 Km da localidade de Lençôes (Bahía) Tratase dun descenso ou canón da montaña, escarvado na pedra polo río de augas escuras, o cal e debido a ter elementos orgánicos nas súas augas. No seu descenso forma pozas e cascadas, algunhas como tobogáns naturais.
O camiño baixa dende a estrada principal, pegada a marxe do río cos seus rápidos, no medio dunha paisaxe e mata fermosa. A uns 15 minutos río abaixo chegamos o lugar coñecido como “Poço do Diabo”, tratase dun salto de auga abrupto de gran altura en forma de fervenza, caendo nunha gran poza de augas moi escuras.

A poza descendese por un estreito camiño, que ten unhas vistas espectaculares sobre a fervenza e poza. Dende a fervenza a o final da poza hai un tira-liña para os máis valentes, que fai un descenso espectacular dende a altura da fervenza as augas da poza.

Unha vez abaixo, abraiado pola beleza do entorno, que millor cousa que darse un baño nas escuras augas da poza acompañado polo meu pai, as cales están muito frías, pero unha vez dentro delas entre o son da mata (fraga) de fondo e a tranquilidade do lugar, pódovos asegurar que limpa ata a ialma.
.
Despois do relaxante baño de pureza, abandonamos este lindísimo e máxico lugar escondido nun pequeno recuncho do interior do estado da Bahía, seu encanto e presenza sempre serán recordados no meu interior, como unha doce e máxica lembranza. 
Foto de familia xunto a meus pais, despois de pasar unha xornada moi grande.


domingo, 5 de junio de 2016

Rituais de sangue e sexo, os antigos deuses galaicos






As Penas de Rodas

Antigo santuario solar ancestral, vinculado o solsticio de verán.

Posible pedra cortada de sacrificio en Rodas, onde se pode deitar un corpo perfectamente quedando a cabeza no ar a altura do pescozo. O corte e claramente artificial.

Pedra semi chantada que ten unha especie de lagar acuífero de grandes dimensións, segundo me contaron, puído ser para purificar de novo os corpos despois de un ritual de sexo.

Solsticio de verán en Rodas, onde se pode ver perfectamente o sol encadrar entre as dúas pedras.

Monte da Picaraña

No alto xunto o fin do vía cruces, pedra tallada de novo con forma humana ata o pescozo, despois a pedra se atopa de novo como en Rodas cortada artificialmente.

Dende a mesma pedra, se pode ver que esta perfectamente orientada cara a posta de sol. O lugar ten máis lagares ou formas similares, na mesma zona e mesma orientación.

Castro das Sete Pías

Pedra das Sete Pías, orientada o océano e posta de sol, segundo lendas posible lugar de sacrificios de nenos.

Castrobrite

Na súa parte alta xunto a capela, formas humanas cavadas na pedra. Castrobrite foi descifrado do irlandés antigo, significando castro-do fogo, e contan que ata xa  entrados o século pasado no lugar realizábanse rituais de orixe pagán, no solsticio de verán adicados o gado e agricultura.


As formas humáns de Castrobrite e os lagares, están tamén orientados o oeste, e dícir, a posta de sol. 

Castro de Troña

Pedra do petróglifo da serpe, se vos fixades a pedra foi claramente cortada antes de esculpir a serpe. A parte de arriba e chan, véndose claramente enriba da serpe unha pequena canle de desaugue.

Santuario galaico-romano do Monte do Facho

Coa chegada dos romanos parece que se paran os rituais de sacrificios, aparecendo novos santuarios ou castros santuarios como este do Monte do Facho. Tamén mudase traballar e esculpir as pedras por vasixas de cerámicas, as cales tamén existian dende milenios antes pero definitivamente substituén as pedras.. Pero como vedes súa orientación tamén e cara a posta do sol.


sábado, 28 de mayo de 2016

Memoria da Terra, tras os pasos do lobo na Serra do Galleiro

Publicado no anterior blogue Ponteareas Historia Viva no martes, 11 de marzo do 2014

Memoria da Terra, tras os pasos do lobo na Serra do Galleiro

Con este vídeo presentamos no You Tube unha serie de pequenos capítulos de variada temática, como patrimoniais, arqueoloxía ou fauna. Aquí este primeiro (inda que xa existen outros pero sen este título) co tema da procura do rei dos nosos montes, o lobo, pola Serra do Galleiro.



miércoles, 25 de mayo de 2016

Os "osnis" galegos

Escrito no anterior blogue Galiza Misteriosa o domingo, 8 de xullo do 2014

Os “osnis” galegos

No territorio galaico temos un rico folclore, cheo de lendas neste caso que nos falan de seres estranos, lexendarios ou monstros saídos da mar. Así por exemplo temos a lenda da famosa Coca de Redondela, un dragón mariño que saía das augas para raptar mulleres fermosas. Outros exemplos poden ser os mitolóxicos nigromantes da illa de Ons ou as sireias a rasgos xerais.
Pero remontándonos agora a un pasado máis próximo, imos recordar outro misterio pouco coñecido. Son muitos os mariñeiros das nosas costas que aseguran que viron saír ou entrar na mar, obxetos que non son seres mitolóxicos, senón metálicos ou submarinos non identificados, cunha tecnoloxía non coñecida, tratase dos “osnis”.
Temos decenas de casos que chegan a nos, sobre todo mariñeiros e pescadores das provincias de Pontevedra e A Coruña, os cales nas súas horas de traballo na mar teñen visto estes obxetos pasar moi preto deles, chegando mesmo a asustalos.  Este fenómeno foi tan repetido, que algúns chegan dicir que existe unha base destes "osnis" baixo a mar, preto das illas Cíes e de Ons. 

A maioría dos casos e testemuñas producíronse entre os anos 1975 e 1985, onde os osnis paseábanse polas nosas costas galegas de forma impune. Estes obxetos coinciden na maioría dos casos con características xerais, son esféricos e brancos. 


Un dos casos máis importantes prodúxose o 22 de novembro do 1985, eran as oito da mañá cando as tripulacións de media ducia de embarcacións, como o Audaz II e o Xa me Vedes, observaron algo que os deixou inmobilizados. Atopándose moi preto da Illa de Ons, viron como un enorme obxeto metálico apareceu e sobrevoou a moi baixa altura sobre eles, exhibíndose claramente uns intres para meterse de súpeto nas frías augas galegas. Os mariñeiros aterrorizados e testemuñas de tal exhibición, nunca esqueceron o que alí viron, algúns deles con nomes e apelidos como Emilio Otero ou Carlos Patiño.  
   Este caso ten especial relevancia, pois non se trata de unha testemuña ou ver unhas luces, senón de un caso onde muitas testemuñas teñen unha experiencia que os marca para toda a súa vida. Cústalle explicar o que alí viron esa mañá do 22 de novembro do 1985. 

Engadir tamén a isto, os estranos casos de supostas aparicións de humanoides nas praias das illas Cíes ou en Sada, na A Coruña. De todas un osni ben sendo o mesmo que “ovni”, coa diferenza de que este pode mergullarse na auga, pero dicir que un obxeto non identificado, tampouco ten que ser extraterrestre. 
 Certo ou non, lenda ou realidade, estas historias fan enriquecer noso patrimonio folclórico e misterioso,  fan que siga vivo, pois pasamos da ancestral Coca de Redondela que saía do mar, despois as sireias e os nigromantes, e agora nestes tempos, os osnis. Que terá nosa terra e costas meigas?

sábado, 21 de mayo de 2016

Dende Brasil: Viaxe a Chapada de Diamantina, I parte

Escrito no anterior blogue Ponteareas historia viva o sábado, 10 de agosto do 2013.

A Chapada de Diamantina e un paraíso situado no interior do estado brasileiro da Bahía. A conforman unha sucesión de serras onde nacen unha importante rede de ríos, sendo así un autentico oasis natural rico en biodiversidade rodeado das áridas terras do interior centro do Brasil.
Río Leçoes o seu paso pola localidade de Leçoes.

O nome Chapada de Diamantina ben de “chapada”, pola protección das montañas, e “diamantina”, porque era unha rica rexión en diamantes. Conta con un enorme abanico de atractivos naturais como a cachoeira da Fumasa, o Pozo Azul ou a Gruta da Torrinha entre outros. Súa principal localidade e Leçoes, de onde parte nosa primeira ruta polos seus redores, coñecida como ruta dos Serranos, polas escuras augas do río Leçoes e súas cachoeiras (fervenzas).
Vista do centro de Leçoes.

O as augas escuras do río Leçoes, son por causa de antigos restos de materias orgánicas, o que fai que sexan moi boas para a pel humana. O río non sempre vai por enriba da terra, senón que ten tramos subterráneos, este e o caso da zona de Caldeirôes, o pouco de comezar a ruta onde pódese ver por buratos na pedra o río. A parte forma pequenas cascadas e pozas entre as abruptas rochas, cunha fermosa vista sobre a pequena cidade de Leçoes. 

Saímos da zona de Caldeirôes comezamos a ascender o cauce do río Leçoes, chagando así as Salas das Areias, unha serie de covas formadas de pedras moi erosionadas, con distinto tipo de areas e outros minerais. Así podemos topar diferentes cores, arxilas e ata purpurina natural, coñecida aquí como "falso ouro".

Seguindo o cauce do río nos topamos nunha zona moi pétrea dentro das augas, cunha fermosa mata (flora) nas súas ribeiras, observando os rápidos e pozas do río Leçois, que se introduce na montaña en forma de canón.

Máis arriba nos topamos cunhas fermosas fervenzas e pozas, onde nos damos un baño moi relaxado nas súas frías augas, tratase da Cachoeira da Primavera e o Pozo Paraíso.
Cachoeira Primavera

Abandonado o río comezamos a ascender por un escarpado e estreito camiño, cara o alto mirador da Pedrinha de Leçoes, no alto nunha longa e estreita meseta percorremos o “Caminho das Mulas”, chamado así porque era por onde cruzaban antigamente os comerciantesou "arrieiros" as montañas coas súas mulas, para chegar a Leçoes e os pobos da zona.

O final da estreita meseta entre as montañas chegamos o mirador da Pedrinha de Leçois, que e unha gran pedra sobre un impresionante acantilado, onde se contempla o val do río Léçoes e a propia localidade de Leçois. Por detrás da montaña, poder mirarse a interminable planicie do interior brasileiro.

Unha vez abandoado o mirador comezamos a descender por outro sendeiro de novo rumbo a Leçois, sen antes parar e darnos un baño na fermosísima Cachoeirinha, unha fervenza cunha poza entre a mata da selva, onde meterse debaixo das súas augas limpa ata a propia alma.

Despois dese divino baño na Cachoeirinha, descendemos ata chegar de novo o punto de saída, a localidade de Leçois. Aquí remata noso primeiro día de ruta, aventura e actividade na fermosa Chapada de Diamantina, espero que vos gustase. Pouco a pouco irei publicando diferentes rutas e visitas nesta paradisíaca terra. Un saúdo dende o Brasil.
Foto cos meus pais.