OS PETROGLIFOS DE TROÑA
Troña para muitos non é un castro galaico calquera,
Troña é un libro de historia de nosos ancestros que vai dende o século IV a.C o
II d.C, polo que ten mostra de muitos estilos de construcións e a evolución arquitectónica
no mundo dos castros galaicos. A parte das vivendas e murallas, Troña sacou a
luz tamén un alxibe, unha posible ourivaría, muíños rotativos en grade
cantidade, trísqueles labrados en pedra, e ate algunha posible estela...
Pero este xacemento da idade de Ferro agocha muito
máis, é de coñecemento mediático o petroglifo da serpe, orientado o sol nacente
nunha pedra perfectamente cortada e cun desaugue sobre ela, polo cal
posiblemente poderían verter líquidos sobre dito petroglifo con forma
serpentiforme de forma ritual.
Logo temos outras posibles dúas serpes entrelazadas,
pero de máis pequeno tamaño na parte baixa suroeste do poboado, pero desta xa
falaremos nun intre.
Estes petroglifos serpentiformes, que semellan un
importante culto con relación os ofidios (serpes), todo sinala por ter a mesma
orientación, formato e corte de pedra, que son contemporáneos cando menos do tempo
intermedio de ocupación do xacemento, e dicir entre o II a.C e I d.C. Pero
agora se vos contamos, que baixo o poboado poido existir unha grande estación
de petroglifos anteriores, da época do bronce ou da arte rupestre galega.
Comezaremos cunha pedra non lonxe da serpe, que todo
parece indicar que ten un grande morteiro ou pía cavado nela, pero xusto na
mesma, xuntada co morteiro se ve como unha pequena canle de desaugue, muito
menos cavada, con cando menos dúas pequenas coviñas a cada lado da canle. A primeira vista pode
parecer fácil a interpretación, que o morteiro tivera algún tipo de trebello
apoiado na pedra, pero visitando o lugar co grande arqueólogo e amigo José
Manuel Hidalgo Cuñarro, que escavou Troña na década dos 80, da unha nova visión
a meus estudos persoais do lugar, posto que todo o que se ve nesa zona, son os
cimentos das vivendas, e dicir, a superficie desa pedra no tempo do castro estaba
a ras da terra. Todo muda con esta visión, é o que se atopou José Manuel cando
escavou, as vivendas teñen metro e medio de cimentos, polo que era moi
diferente o que vemos hoxe. Estando ese morteiro a nivel da superficie, é
posible que esa canle e coviñas foran anteriores o castro, e posteriormente
cavada a pedra para facer ese morteiro sobre o que puidera haber.
Pero se isto último non semella claro, imos por
outro exemplo millor, pois sen saír desa zona este da acrópole, noutra vivenda
que esta a metade cavada, aparece na pedra nai nos cimentos desta, outro
petroglifo con forma circular e liñas, cunha grande coviña central, algo
similar a un petroglifo solar, segundo Hidalgo Cuñarro. Pero o máis incrible e
que no tempo que construíron esa vivenda, o fixeron por enriba del, e dicir, a
vivenda tiña debaixo dela unha pedra con petroglifos de tempo anteriores.
Tampouco semella que fora algo tipo ritual, pois taparon o petroglifo un pouco
de calquera maneira co solo da vivenda. A día de hoxe só se conserva deste
petroglifo a coviña central, e moi deteriorada. Tamén se pode ver nesa pedra 2
coviñas moi gastadas dispersadas pola pedra. Na imaxe, se ve unha foto de fai
anos, onde inda se miraba a perfección o petroglifo, e abaixo seu estado
actual, onde se pode ver que practicamente desapareceu.
Saíndo agora da zona da acrópole, imos o lado oeste,
onde nunha pedra de tamaño medio, Diego Cópena atopou tres coviñas ben marcadas
e con bo tamaño. Estas tres, para o que ben sendo o castro, non significan
nada, posto que se atopan nunha zona valeira e que non dan hipotese a facer
ningunha función, polo que cremos que son do tempo dos petroglifos, do bronce,
é posiblemente de carácter ritualístico o estar orientadas o oeste, e dicir, a
posta de sol.
AS SERPES ENTRELAZADAS
Este curioso petroglifo semellan dúas serpes
entrelazadas, e estivo desaparecido dende que o atopara nunha pequena intervención
Xoaquín Lorenzo (Xocas) nos anos 50, e publicado por Cuevillas na mesma década,
voltando aparecer fai uns meses.
As características son similares a da acrópole, unha
pedra cortada orientada o sol nacente cos ofidios rematados en coviñas, polo
que se debería tratar do mesmo tipo de culto. Atopase no que pode semellar unha
antiga rúa do castro, pero é curioso, e que posiblemente en tempo posterior, os
habitantes de Troña construirán sobre el unha vivenda de pequeno tamaño
circular, que pode ser un alpendre, restando importanza a este.
A dereita deste, nunha pedra a ras do chan de
pequeno tamaño, se pode ver o que poden ser de novo coviñas pero moi
deterioradas, seguindo o mesmo patrón das anteriores mencionadas.
CONCLUSIÓNS
Segundo o exposto, pode ter muita cavida que cando
menos, Troña fora construída sobre un lugar onde anteriormente existían
petroglifos, os cales os habitantes do poboado no seu tempo, non deron
importanza e construíron sobre eles.
Despois, tallaron seus propios petroglifos como as
citadas serpes, que semellan ter un significado de culto e ritual. Todo isto aumenta a sensibilidade que puído ter o ser humán con este emprazamente o longo dos séculos, pasando polo seu rico folclore de lendas pagáns ate a tradición cristián actual.
Para a construcción do poboado, usaron e cortaron
con cantaría as propias pedras do outeiro onde se asenta, polo que a maior
parte destes posibles petroglifos do bronce, desaparecían, quedando só algúns de
forma dispersa e moi danados.
Estes petroglifos, onde abundan as coviñas, teñen
semellanza coa da veciña Picaraña, simples, moi desgastados e alterados, o que
pode falar da súa antigüidade dentro da arte rupestre galega.
Petroglifos da Picaraña
Por último dar as grazas a José Manuel Hidalgo
Cuñarro e Diego Copena, polas súas aportacións para realizar este pequeno
estudo hipotético en Troña. Nos vemos en futuros traballos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario