Nos atopamos na mudanza do ciclo
e estación biolóxica deste mundo, nun cambio de natural do entorno que nos
rodea. O pai Sol, inmortalizado no mundo celta co deus supremo Lugh, comeza a
morrer, perde forza e chega o frío, a ser os días máis curtos... todo derivado
de forma natural polo seu alonxamento do planeta terra até o 21 de decembro,
que morre no solticio de inverno e a partir de aí, renace e comeza de novo a acercarse a Terra, traendo de novo a vida.
Todo isto marca e muda o
calendario estacional da biodiversidade, coa caída das follas das arbores
(claramente cos eucaliptos non se aprecia este trance), a emigración e invernación
de parte da fauna, a escaseza de produtividade dos campos de cultivo, o frío,
as choivas, a neve, a longa noite, e dicir, o medio morre. E por iso que os
nosos ancestros e antergos, no seu calendario, muito máis relacionado co mundo
que os rodeaba, era o fin do ano, o tempo escuro da morte e os mortos, como o
entorno mesmo.
Se celebran así as antigas
festividades dos mortos, dos magosto ou magustos cos poucos froitos que da este
período, con lume para espantar os demos do inverno, a morte e malas enerxías,
tempo da matanza para poder ter na despensa carne ante a improdutividade das
terras. Inda en algúns lugares, como no magusto de
Pitôes da Júnias, no Gêres portugués, se fan ritos como a queima do sol en
forma de palla, pois simboliza ese trance no que o sol e o deus Lugh deixa a
terra dos vivos, para dar paso a deusa da mae terra Annû, a cal ten que renacer
no ciclo invernal para voltar ser produtiva e viva no seguinte ciclo. Renace e volta morar a terra como unha muller nova, pero escura como a noite, como o inverno, como a propia deusa Morrigan, se no fondo non é a mesma.
Magusto popular e queima do Sol en Pitôes das Júnias.
Tamén e tempo de contos e mitoloxía
o calor do lar, que soe voltar florecer por este época, de cogomelos que tamén veñen para limpar e renovar o mundo, e recordar
os seres queridos que nos deixaron, posto que o contrario que o sol, nesta
estación se acercan máis os vivos, cando menos seu recordo. Dende aquí queremos
desexarvos un bon novo ciclo invernal e tempo da deusa Annû.
No hay comentarios:
Publicar un comentario