sábado, 30 de julio de 2016

Contos e relatos, A loita da terra, unha historia de Troña e a Cidade de Caneira.

Gallaecia século II a.C

Nas noites de rituais e solsticios no poboado Troña, o redor da fogueira, o ancián Bileo o Druída, na gran chama soe contar os contos e mitos do pasado do poboado e seus debanceiros.


A historia que máis gosta os máis novos e o pobo en xeral, aparte da do gran heroe local Tissifiono, e a do gran Trónico o Sen Medo ou o Cativo. O calor do lume nas longas noites de festividades en Troña, sobre o val do Tena (Tea), o sabio e vello druída posuidor de gran coñecemento, e portador do dun legado milenario que se perde na noite dos tempos, colle o seu vello pandeiro, pasado dende tempos remotos de druídas e sabios ata chegar a el, e recita as antigas loitas entre os Kaneos de Kanea e os Troñanos de Troña.

Corrían tempos pasados no val do Tena (río Tea), na ribeira oeste un poboado lideraba esa marxe e tiña unha grande esplendor, Kanea, que foi levantada en tempos moi antigos. Situada sobre un grande outeiro sobre o río Tena, nun paso natural deste, controlaba o comerzo do val. Seu esplendor era máximo, a este poboado chegaban mercancías e bens de terras tan lexanas como doutros pobos keltaes do Atlántis, ou de gregos e fenicios de terras do mar do sur. Presumían de ter dos mellores guerreiros da Kaltia, dende cativos iniciados en rituais de iniciacións que levaban os adultos a ser grandes loitadores. Kanea era devota do deus da guerra Bândua, o estandarte dos “kaneos” era o porco bravo, fortes e bravos na loita como eles, ese era seu fero lema.

Pola contra, Troña era o outro poboado máis influinte do outro lado do Tena, do lado este, do sol nacente. Seus orixes eran tan antigos como Kanea, e gozaba tamén dun rico comerzo, pero sempre a sombra dos kaneos. Seus guerreiros eran iniciados o nome dun antigo heroé chamado Tissifiono, salvador de Troña en tempos remotos contra a xigantesca serpe Tróñica. Eran devotos dunha antiguisima divindade feminina da mai terra, Annu, e seu estandarte era a serpe, a propia serpe Tróñica, a cal tiñan esculpida nunha pedra de seu poboado na zona ritualística. Seu lema e berro de guerra era do ancestral heroe vencedor da serpe Troñica, Tissifiono, con forza, vencer ou caer.

Contan que por aqueles tempos remotos, lideraba Kanea o caudillo Helodro o Touro, alcumado así por súa forza física. Era unha persoa moi orgullosa, ambiciosa e patriota de seu poboado, polo que pronto vendo a debilidade dese momento de Troña, puxo os ollos en ela.

O mesmo tempo en Troña, seu líder era xa un ancián, descendente do antigo linaxe de Tissifiono chamado Antrónico o Chosco, pois na súa xuventude nunha cacería ritual fora ferido na faciana por un venado, quedando chosco dun ollo. Antróñico, pese que na súa xuventude fora aventureiro, neste momento coa vellez e despois da perdida de seu fillo maior, Mouko, voltarase feble e fora da mirada dos antigos deuses. Eses descoidos ben os aproveitaría o ambicioso Helodro.

Os ollos de Helodro pronto se fixaron no gran orgullo de Troña, seu gran rabaño de gando, o cal soia pastar nun grande prado vixiado polos xovenes guerreiros e cans pastores destes. Cabalos, vacas,  caprinos e ovellas, máis de cen exemplares.                

Nunha dolorosa mañá para os troñanos, os guerreiros kaneos caeron sobre os sorprendidos e débiles gardas de Troña, apoderándose do rabaño e sendo levado a outra beira do Tena, sendo incorporado o gran rabaño deste pobo. Por se a desgraza fora pouca, a filla de Antróñico, Milena, que era fermosa e soia baixar nas ribeiras do Tena a recitar poesías soa, foi tamén capturada de sorpresa polos kaneos e levada a Kanea.

Ante isto, o ancián Antróñico en Troña, xa roto, piadoso e vello, decidiu ir pedir piedade a Kanea, e que devolvesen o rabaño e a súa filla, Milena. Pero Heleodro, co seu gran carácter recio e guerreiro, vendo os choros do ancián desesperado avergoñouse de como un líder podía chegar a esa situación, polo que decidiu castigalo a antiga maneira, sacrificalo o deus Bândua na posta de sol.

A situación de Troña era critica, seu líder morto en sacrificio ritual e humillado, súa filla capturada e sen rabaño. Mal augurios sentíanse no ar, a total sumisión os kaneos, ou pola contra tentar unha última loita desesperada contra un inimigo muito máis forte e con todo o seu favor. Pero quen quedaba en Troña con valor para liderar algo así? Pois o fillo menor de Antrónico, tamén descendente directo de Tissifiono, que contaba con apenas vinte anos, chamado Trónico.

Pronto foi chamado polos kaneos como o Cativo, con afán de desprestixialo e desmoralizalo, pero Trónico non era como seu pai, pese súa xuventude e situación estrema, decidiu non dar por perdida súa patria, Troña. Poucos apoios contaba e pouca experiencia, pero si tiña a facultade de ser bo guerreiro, valente e moi calculador. Dicir que contaba case sen sabelo cun dos millores guerreiros que un caudillo podería contar en todos os tempos, curmán de sangue e o mesmo tempo dende aqueles momentos irmáns tamén na guerra. Da súa mesma idade e xuventude, tratábase de Kaltolo, que no futuro sería alcumado primeiro o Matalobos e logo o Urso. 

Dirian del no futuro, en tempos despois, que cando Kaltolo naceu oubo unha treboada provocada polo heroe Tissifiono, pois mandaba o mundo dos homes dende o além e mundo dos deuses, un novo guerreiro salvador para Troña.

Tróñico e Kaltolo, buscaron apoios noutros pobos do Tena, pois toda a ribeira oeste estaba cos kaneos, e incluídos algúns da ribeira este. Atoparon apoio no poboado dos Prados, construído tempos atrás por antigos poboadores de Troña, tamén nos poboados do Monte das Pedreiras (Picaraña), sempre fieis a sombra do heroe Tissifiono, estes serían un forte brazo para a loita. Outros poboado do norte e sur de Troña, decidiron non participar na loita, pois no caso de perdela, tiñan medo do rancor e vinganza dos temidos kaneos e o propio Helodro o Touro.

Todo estaba listo para a precedente loita e futuro do va do Tena, a noite antes de partir de Troña fíxose un gran ritual o deus supremo Lugh máis a Annu, mentres que en Kanea o deus da guerra Bândua. Pola mañá moi cedo, aínda antes de que Lugh fixera aparecer o sol, Tróñico fronte a pedra tallada da serpe Tróñica, cortouse e deixou caer súa sangue sobre esta, para que Tissifiono soubese que seus fillos partían a loita, e estivera con eles. Cando estaban a piques de marchar, apareceu unha grata sorpresa, un pequeno contixente de guerreiros vidos das montanas dos Coutos Altos (Montes da Couto Eira). Súas terras eran saqueadas periodicamente polos kaneos. Pese ser un pobo pastoril montañés pouco numeroso, era coñecidos por bravos e rudos guerreiros, e viron súa posible vinganza contra os Kaneos uníndose o bando de Troña.

Os troñanos saíron muito máis cedo cos kaneos, inda Lugh apenas sacara seus raios de sol e xa chegaran as ribeiras do ¨Tena, o sur de Kanea, non indo polo paso que estaba nas inmediacións deste poboado. Os kaneos e o propio Helodro sorprendéronse deste temprán movemento, e saíron de Kanea sen cruzar o Tena, dirección sur o encontro das forzas de Troña. A altura do paso do Tena do “Piñon” decidiu Tróñico, chamado agora polos seus o Sen Medo,pola madurez e valentía demostrada ata ese momentos seus, cruzar o tena, sen antes falar co seu don da palabra cos seus guerreiros para moralizalos para a loita.

Un total duns sesenta guerreiros o acompañaban, armados con caetras (escudos circulares), lanzas, espadas de bronce e ferro, ondas e arcos, baixo o estandarte da  serpe de Troña, escoitaban o xoven Troñico antes de cruzar o Tena, o seu lado como sempre, Kaltolo.

Hoxe nos adiantamos o propio Lugh nesta mañá, demostraremos os kaneos que non temos medo deles cruzando antes nos as sagradas augas do  Tena, entrando así en súas terras, pois esta loita será en súas terras en non nas nosas, o sangue e parecer dos deuses decidirase nelas e premiaran os primeiros valentes, aquí faremos xustiza e recuperaremos a miña irmá Milena e nosos rabaños, así como vingaremos a humillación de meu pai, fillo de Troña. Non temades a Helodro o Touro, tan só e un bruto e violento bárbaro, sen máis talento que o da súa espada, sen compaixón pero sin gardarse súa garda e aventurado sen cabeza. Lugh e Annu están con nos, a vitoria e nosa, crucemos o sagrado Tena, con forza, vencer ou caer!!  

Con isto Kaltolo que estaba o seu carón, nu de cintura para arriba voltou gritar o lema de loita de Troña, e todos e todas, pois algunhas feras guerreiras tamén foran a loita, repetiron e cruzaron o Tena.

O pouco de cruzar o Tena, comezaron a escoitar os cornos de guerra dos kaneos, que se aproximaban río abaixo. En pouco tempo, o redor do prado no que se atopaba o gran Piñon, nas ribeiras do Tena ambos bandos se viron.

O número estaba igualado, pois os kaneos o contrario que os de Troña, decidiran levar a esta loita seus millores guerreiros e os millores dos poboados que os apoiaban, pois tiñan muita confianza na vitoria, pero tamén sentíronse sorprendidos o ver guerreiros dos Coutos Altos entre os troñanos. Pero a gran sorpresa foi ver entre os de Kanea o máis temido guerreiro do val do Tena, Leboreo o Lobo ou Pel de lobo.

Este veterán guerreiro, dunha altura que sobresalta sobre o resto de homes, levaba a cabeza totalmente pelada e pintada, con enormes barbas brancas, e colgada de seu lombo unha pel de lobo, recordando seu estatus de guerreiro lobo. Vivía só nas montanas da Keltkalleri (Galleiro), pois alí só perdera as facultades de home, gañando as de un animal salvaxe, mesmo apenas sabia falar. Dicían del que na loita entraba en trance e convertíase nun lobo. Muitos guerreiros o velo diante, estremecíanse de medo só por súa porte salvaxe, violenta e impoñente.

A estratexia a seguir de ambos bandos era simple, o farían a antiga usanza, sen monturas (dicir que o bando de Troña tampouco as tiña), dous continxente un enfronte do outro, farían na primeira liña un muro de caetras, e ambos avanzarían ata atoparse. Despois veríase quen era quen de facer retroceder ou romper filas o outro, e mentres os máis aguerridos e valentes saltarían o outro lado inimigo e enfrontaríanse a outros guerreiros en loitas individuais. O bando que rompera escudos ou fuxira en retirada de seguro sufriría unha grande carnicería a parte da derrota. Os lideres de ambos continxentes tamén soían enfrontarse en batalla individual, a morte, a caída dun líder tamén soía saldarse coa derrota de seus guerreiros.

Cara a cara, cos carroñeiros roldando o lugar, preludio dun gran banquete e sangría, Helodro o Touro, co seu puñal de antenas brilante colgado de seu cinto, herdado de seus antepasados, adiantase os seus homes os cales portan, orgullosos o estandarte case invencible do porco bravo dos kaneos. Tamén se adianta o xoven Trónico o Sen Medo nas súas filas, Helodro manda tirar a seus guerreiros toda arma sen ser a caetra e as espadas, retando os troñanos a que a loita fora corpo a corpo total, o que Trónico respetuoso, seguindo os antigos códigos da loita, manda a seus guerreiros facer o mesmo.
Miradas se cruzan, só uns trinta metros separan ambos bandos, un pequeno silenzo rolda o ar, ata que os guerreiros comezan a berrar seus lemas e gritos de guerra, chamando seus deuses protectores, os kaneos berran fortes e bravos na loita! E o nome de Bândua! Enchéndose de moral, no outro lado escóitanse berros de con forza, vencer ou caer! Ou o nome de seu heroe Tissifiono nos guía! A adrenalina se apodera dos homes, o suor e os nervos, ata que ambos bandos cos escudos por diante comezan a correr un contra o outro.

Entre berros e maldicións, o impacto das caetras e brutal, muitos guerreiros máis febles se van o chan ou son pisados. Comeza a loita, nos troñanos, Trónico dende atrás puxa da moral e ánimos os seus da primeira fila, mentres Kaltolo espera detrás os guerreiros inimigos que salten e crucen as súas liñas para retalos, como un autentico liquidador, pois ese era seu plan, máis ben defensivo nun primeiro momento da loita para tentar acabar cos máis valentes do bando kaneo.

Mesmo así, algúns feros xovenes guerreiros do Montes da Pedras e dos Coutos Altos, estimulados polo consumo de fungos antes da loita, se precipita lanzándose sobre as liñas contrarias para loitar, era tamén algo que xa tiña ben calculado Trónico, que non os miraran a estes como débiles defensores.

Tamén saltan os primeiros kaneos a orde de Helodro, e van caendo guerreiros de ambos bandos, algúns arroxados as augas do propio Tena, que comezan a tinguirse de vermellas súas augas, como unha gran bagoa encarnada dos antigos deuses. Nese momento chega un dos momentos máis épicos da historia deste val, pois salta as filas inimigas o temido Leboreo o Lobo, o cal sen sabelo nin el mesmo, tiña alguén esperando por el o outro lado.

Soltando uns berros atronadores, como dunha besta e non dun humán, engancha a un guerreiro dos Prados o que da un violento cabezazo, logo o colle coas dúas mans polo pescozo ata estrangulalo, para despois rapidamente sacar a espada e cortarlle a cabeza, os guerreiros que puideron ver esa brutal forma de matar, atópanse aterrados ante Leboreo. Pero se escoita unha voz, unha voz xoven e forte que berra que se aparten isto chama a atención do guerreiro lobo, tratase de Kaltolo. Ambos se miran retándose, e comeza o épico enfrontamento.

Os dous avanzan o encontro,  Leboreo da un forte espadazo que responde a outro de Kaltolo, e pero este dobregase comprobando a grande forza bruta de seu adversario, rapidamente Leboreo, que loitaba sen caedra, da un puñetazo a Kaltolo que este o para ca súa caetra, facendo un forte estrondo, doéndose o guerreiro lobo do impacto. Ambos dan un paso atrás, e se voltan a ver os ollos, Kaltolo tembralle o corpo e comproba que a mirada e ollos do seu rival non son dun home, están posuídos, e un auténtico lobo na xente, e decide tamén tirar súa caetra, pese a súa xuventude se da conta que esta ante o combate da súa vida.

Ambos voltan a dura loita, todos os guerreiros dos dous bandos a observan, Kaltolo vai esquivando os fortes golpes do Lobo, calculando e esperando seu momento, como se dunha fera se tratara que tiña que cazar. Ata que chega un momento que mira súa ocasión, xira sobre si mesmo sorprendendo a Leboreo e crava súa espada no seu bíceps, traspasando este, o lobo berra, pero rapidamente engancha a Kaltolo e mórdelle violentamente o antebrazo do brazo co cal cravara a espada. Agora Kaltolo tamén berra da dor, entón Leboreo solta seus dentes do brazo, agarra a ferida aberta con súa forte man de longas unas e afiadas e propina a Kaltolo un violentísimo cabezazo, partíndolle o nariz. Kaltolo comeza a sangrar pola faciana abundantemente, pero non solta a espada cravada no bíceps do lobo, a situación e angustiosa para os dous, Leboreo tendo un brazo inmobilizado pola espada cravada, e o outro apresando a ferida de Kaltolo, tenta voltar golpealo coa cabeza ou mordelo, mentres Kaltolo tamén cun brazo inmobilizado e outro parando a cabeza do lobo, coa vista nubrada de bagoas pola nariz rota, decide a desesperada cun rápido movemento sacar súa arma secreta, pois no seu cinto sempre leva seu amuleto colgado, unha pedra de cuarzo leitoso, sacada dun antigo monumento funerario (Mámoa) dos seus antepasados, e con ela golpea fortemente a cabeza de Leboreo.

Este sorprendese e berra, Kaltolo tamén berrando volta a golpear a cabeza do lobo, a cal dun golpe perde parte de seus dentes e comeza a sangrar en abundancia. De tantos golpes, coa cabeza xa desfigurada e ensanguentada, Leboreo cae o solo, mentres Kaltolo ensanguentado sigue golpeando como un tolo berrando con súa pedra de cuarzo, que pasou de branca a vermella. Foi o fin de Leboreo o Lobo ou Pel de lobo, e o comezo da lenda de Kaltolo alcumado dende esa, O Matalobos.

Mesmo así Kaltolo tamén se encontra ferido, sangrando e moi canso, non se ten en pe. Seus oídos parece que xa non escoitan e seus ollos non miran, como un moribundo, mira os primeiro corvos vidos a loita como os paxaros da morte dos deuses, que veñen na procura de súa iálma. Un guerreiro atento decide sacalo do campo de loita e apoialo nun sagrado carballo. No futuro Kaltolo tamén sería alcumado o Urso (o oso), pois sendo xa veterán conseguirá matar un urso por seus propios medios, pero esa e outra historia. O importante disto, e o gran golpe para a moral dos kaneos na loita, pola perda do referente Leboreo.

Pero a dura loita continuaba, e o muro de escudos troñano comezaba a retroceder antes os feros guerreiros kaneos. Trónico, intelixente e consciente disto, non quedoulle máis remedio que romper o desequilibrio do momento buscando o temido líder de Kanea na loita, Helodro o Touro.

Este estaba xunto o gran Piñon, e armado de valor alí se foi Trónico retalo, o velo o Touro rapidamente se foi por el e deu comezo a loita entre ambos o pe do gran penedo, mentres os resto de guerreiros observaba co babillo do ollo, a sorte estaba votada.

A ambición e forza contra a vinganza e xustiza, que crueis poden chegar a ser os deuses para que o home chegue a esta situación limite. Helodro, máis experimentado comezou a golpear con súa espada a Trónico, que defendíase dos golpes con súa caetra, pouco a pouco o acurralaba contra o Piñon. Foi entón, cando estando o troñano case desamparado de parar tantos golpes de espada, coas costas apoiadas contra o penedo, Helodro, cego de raiba aparta a caetra de Trónico e o deixa desprotexido, esperando o golpe final.

Pero as veces a raiba e fiereza son malos compañeiros na loita, e xa ben o dixera Trónico antes da loita os seus, “tan só e un bruto e violento bárbaro, sen máis talento que o da súa espada, sen compaixón pero sen gardarse súa garda e aventurado sen cabeza”, pois Helodro berrando como un tolo, levantou tanto a espada e pola fereza foi tan lento, que o golpe final Trónico conseguiuno esquivar con esas forzas que os deuses dan en momentos extremos onde a vida eta o limite, indo bater a espada do Touro contra a pedra do Piñón, partindo esta e dous e deixando a marca. O ruído foi tal que se escoitou como un trono de mal augurio en toda a loita.

Helodro quedouse paralizado vendo súa espada, cousa que aproveitou ben o Sen Medo para cravarlle a súa no seu dorso, chegándolle o corazón, caendo con cara aínda de non crelo o Touro. Lugh decantarase finalmente polos troñanos.


Rapidamente os guerreiros kaenos, agora desesperados deixaron a loita e rodearon seu líder para que ninguén se acercase, cousa que o canso Trónico chegoulle o máis a dentro, parando a loita e perdoando eses valentes e formidables guerreiros.

Non sabemos se a estratexia de Trónico na loita foi esa, deixar que Helodro caira pola seu propio peso, ou se foi sorte ou cousas dos deuses, o que si sabemos e que contra todo pronóstico venceu no Piñón os kaneos. No seguinte día o val do Tena mencía co sol nacente doutra maneira, chegaba a decadencia de Kanea e o auxe de Troña, baixo un novo líder intelixente e valedoso, Trónico Sen Medo.

Pronto ata os mesmos Kaneos o respetarían, pois despois de vingar a seu pai, recuperou a súa irmá Milena e o gando de Troña, pero non foi rancoroso con Kanea. Deixou que despediran a seu aguerrido líder Helodro o Touro con honores, o cal foi incinerado e depositado nas ribeiras do Tena nos redores de Kenea, con súas armas persoais baixo unha estela de pedra, onde saía a figura guerreira que fora.

Trónico morreu de moi vello, rodeado dos seus, mesmo que na seu derradeiro momento arrepentiuse de cousas que fixera como caudillo na súa vida, morreu feliz e acompañado. Pola contra, Kaltolo o Matalobos ou O Urso, brazo direito e millor amigo de Trónico, despois de unha vida de aventuras e fazañas pola Kaltia, morreu máis novo nunha gran cacería, caéndose do seu cabalo e golpeándose a cabeza cunha pedra. Curiosos son os deuses, o que ningún home e fera puido con el, o puido unha caída, pero aí quedan súas fazañas para o recordo do val do Tea, que os viu nacer os dous en Troña, Trónico o Sen Medo e Kaltolo o Matalobos ou o Urso, curmáns de sangue e irmáos na loita.


Conto e historia hipotética basada no Castro de Troña e a Cidade de Caneira, Ponteareas, terras do Condado.

Próxima actuación Noite dos Tempos: VI Festa do Ouro, Margaride do Lor (Quiroga)

Próxima actuación co ritual da queimada da Noite dos Tempos, co guerreiro galaico Kadroloico e o Meigo de Tea o 13 de agosto en Margaride de Lor, Quiroga (Lugo).


sábado, 23 de julio de 2016

Mañá 24 de xullo, actuación asa 00:00 na Praza Maior de Ponteareas.

Recordar que mañá sábado 24 xullo, as 00:00 da noite o Meigo do Tea volta resurxir das augas sagradas do Tea para ritualizar a sagrada e milenaria queimada na Praza Maior de Ponteareas. Será o cerre da xornada “billar na rúa”, organizada pola escola de billar Sportivo.
Se aínda non viche este ritual, para liberar a ialmas dos meigallos e encantamentos, vos animamos a disfrutar desta noite máxica. 


Galiza destruída, o encoro de As Portas



Publicado no anterior blogue "Paisaxes e retratos da Galiza", no martes 31 de xaneiro, do 2012

Galiza destruída: O encoro de As Portas

Situámonos cerca das terras máis altas da Galiza oriental ourensán, no concellos de Vilariño de Conso, na bisbarra da Terra de Viana, onde a principios dos setenta construiuse o maior encoro da provincia de Ourense, o de As Portas.

Situase xeograficamete na conca do Río Camba, onde antes de existir esta mostruosa lagoa artificial era un fermoso val de alta montaña. Nese alto val do Río Camba, existían pequenas e fermosas aldeas como a de Veiga de Camba, Campo e Cambalán entre outras, hoxe desaparecidas para sempre baixo as augas do encoro. Nas dúas primeiras fotos podemos ver o gran cambio que sufriu o val do Camba.
O encoro comezouse a construir no 1972, e foi rematado no 1974, a finais do franquismo. Pertence a empresa Iberduero, a cal presume de ecoloxista, pero claro ante os cartos doados e con todo o apoio das autoridades da zona e nacionais, non lle foi dificil evacuar cara outra zona as sesenta familias que vivian no val do Camba. Estas tiveron que trasladarse entre outros sitios a parroquia de Ventas da Capela, sen poider queixarse sequera.


Nas dúas fotos superiores podemos ver dúas imaxes antigas da perdida aldea de Veiga de Camba. Seus veciños, case todos instalados na parroquia de Ventas da Capala, a cal esta dividida entre os concellos de Vilariño e A Gudiña, aínda celebran cada 5 de setembro as festas a San Martín, onde conmemoran o recordo a súa antiga parroquia natal, Veiga de Camba.
Agora xa co paso dos anos, como sempre todo esta en calma. As feridas e augas cubriron as ribeiras do Camba e con elas as leiras, cortes e vivendas dos antigos habitantes do val. Xa son só recordos e historias os que recordan a antiga vida axetreada de aquelas xentes que habiataban aquel val, rodeado de altos cumes e montañas... O máis triste debe ser para os antigos lugareños desas terras, ver o xigantesco muro de formigón que divide dous mundos, un que aínda pervive parte do antigo val a un lado, con seus prados e núcleos de poboación, e outro que xa se perdou no olvido baixo as augas do encoro.
http://paisaxeseretratosdagaliza.blogspot.com.es/2012/01/galiza-destruida-o-encoro-de-as-portas.html

sábado, 16 de julio de 2016

Petroglifo no cumio da Serra do Galleiro a 743 m



Curioso petroglifo en forma de coviñas dispersas, na pedra da cima do monte do Galleiro a 743 m, dende o cal e un gran mirador sobre a ría de Vigo e Val do Condado.

Polas características do emprazamento do petroglifo e forma, poida que teña que ver con representacións astronómicas prehistóricas. O lugar require un estudo máis a fondo,



domingo, 3 de julio de 2016

Batalla do Douro, ano 137 a.C Galaicos vs Romanos





Pequeno recordatorio da batalla do Douro entre Galaicos e
romanos, no ano 137 a.C. Esta difícil vitoria romana deu o primeiro paso a
conquista da terra dos Galaicos. Na explicación hipotética da batalla sen
querer digo río Texo en vez de Douro, desculpas.

Cartaz feito polo investigador Paco Boluda do 2153 aniversario da batalla do Douro.

Guerreiros galaicos




Hipoteticamente lexións romanas avanzando antes da batalla.



Hipoteticas imaxes xe como poido ser a batalla do Douro.







sábado, 2 de julio de 2016

Poboacións da Galiza fotografiadas

Publicado no anterior blogue "Paisaxes e retratos da Galiza", o mércores 27 de marzo do 2013 e martes, 31 de xaneiro de 2012.

Vista a Laxe e seu fermoso entorno na Costa da Morte, A coruña
O pobo de Cortegada (Ourense) atopase no boscoso val do río Miño, que fai de fronteira natural coa provincia de Pontevedra.
Nas terras máis altas da Galiza, sobre o encoro de Prada vista a poboación da Veiga de Valdeorras, Ourense.
Tradicional aldea de Seceda, no concello do Cualedro, Ourense.
Sobre liñas fotos do pobo medieval de Santa Mariña de Augas Santas, no concello de Allariz (Ourense). Esta pequena aldea ten un  importante patrimonio histórico e relixioso, sendo un antigo lugar de culto pagán galaico e cristián, con presenza templaria. Conserva aínda un pintoresco núcleo urbán.
Asentado sobre as augas do rio Ulla no seu tramo final, Pontecesures (Pontevedra) e a capital do seu pequeno propio concello que conta con máis de 3.000 habitantes. Súa enclave na fronteira natural entre as provincias de Pontevedra e a Coruña, así como súa cercania as cidades de Pontevedra e Santiago, fixo que seus redores prosperaran industrialmente.
A pequena aldea de Sabuguido, atopase rodeada dunhas fermosas paisaxes moi preto do parque natural do Invernadoiro. Esta situada os pés do val do río Conso e as espaldas altos cumes do Macizo de San Mamede, pertencendo o concello de Vilariño de Conso, na bisbarra de Viana, Ourense.
 O núcleo urbán de Sarria atopase na zona sur-central da provincia de Lugo, a camiño entre a chaira do Miño e as montañas orientais lucenses.  Este núcleo conta con máis de 9.000 habitantes dos 13.350 que ten o concello, sendo asi unha das principais poboacións da provincia e do interior galego, ademáis de ser tamén o centro industrial e de servizos da súa bisbarra (que ten seu nome) e redores.
Panorámica dende o famoso monte de Santa Tegra, onde se atopa uns dos maiores e máis famosos asentamentos da cultura castrexa do noroeste. Abaixo podemos ver a liña do océano Atlántico coa costa e o núcleo do pobo mariñeiro da Guarda (Pontevedra), con as abruptas montañas da Serra da Groba o fondo.