sábado, 25 de junio de 2016

Voitres leonados na Serra do Galleiro (Ponteareas-Mos)

Estrano ver esta especie en zonas tan próximas a costa, o Gyps fulvus ou máis coñecido como voitre leonado, ten colonias na non moi distante Serra do Suído, pero velos na Serra do Galleiro pode tratarse dun "rarismo", tratase de cinco exemplares adultos. Mesmo así foi incrible.







miércoles, 15 de junio de 2016

Fauna fotografiada no Brasil

Da miña curta tempada morando no Brasil, vos deixo unhas fotos de parte da fauna que fun fotografiando nas súas matas.
Bem-te-vi (Pintagus sulphuratus)
Abunda en sur América, destaca pola cor amarela no peito o que faino un ave moi fermosa.

Fotografiados na zona da Praia do Forte.

Centopeia ou quilópedes
Artrópodo de gran tamaño que segundo a especie soe ter entre 15 e 191 pares de patas, e alargado e con antenas.

Fotografiado na Reserva Sapiranga (Mata de Sâo Joâo)

Jararaca (Brothrops)
Serpe moi velenosa de pequeno tamaño que abunda no Brasil, ten as escamas con cores acastañadas e soe ser nocturna, estrana de ver recomendase non acercarse muito a ela.
Fotografiada na Reserva Sapiranga (Mata de Sâo Joâo)

Lesma do mar (Aplysia)
Estés animáis sonsimilares as lesmas de terra, cando están ameazadas liberan nubes de tinta para dificultar a vista do atacante. Moi abundantes nos recifes do Brasil.
Fotografiado nos corais de Praia do Forte.

Urubu (Condor) (Cathartidae)
Tamén coñecido como o "buitre do novo mundo" polo seu parecido co buitre, pero non son a mesma especie, aínda que ten muitas similitudes como a alimentación de carroña como animáis mortos.

Fotografiado nas cercanias da Chapada da Diamantina, no interior do estado da Bahía na zona semi-árida ou "Sertao Bahiano".

Tórtolas (neste caso a Stroptopelia Senegalensis)
De familia das pombas, ave migratoria de África cara sur América
Fotografiado en Praia do Forte, Bahía

Marabunta, formiga Guerreira ou Lexionaria 
Tipo de formiga migratoria e agresiva, móvense como auténticos exércitos cazando o seu paso súas vítimas. Algunhas colonias poden ter máis de 2 millóns de formigas, o ser migratorias non constrúen formigueiros e destaca súa forte mandíbula.
Fotografiado na reserva Sapiranga, Bahía

Mico ou Sagui (Callitrichidae) 
Especie de primates de pequeno tamaño expandidos polas zonas tropicais de sur América, tamén coñecidos como titís.
Fotografiados por distintas zonas da Bahía

Chama-maré (Ocypodidae)
Cangrexos atlánticos polo xeral de pequeno tamaño, soen andar en grandes grupos polos areais. destaca no macho por ter unha pinza muito maior e desenvolvida ca outra. 
Fotografiados en distintos areais da Bahía

Calango (Tropidurus oreadicus)
Especie de lagarto que pode chegar os 30 cm, non e agresivo e soe habitar en lugares tranquilos onde abunda a madeira para camuflarse.
Fotografiados en distintas zonas de Praia do Forte, Bahía

Publicado no blogue Ponteareas Historia Viva no venres, 23 de agosto de 2013

domingo, 12 de junio de 2016

Por fin, o drama do castro da Croa ten responsables.

Fai xa case tres anos, cando un veciño alertoume de que voltaba haber unha escavadora no interior do xacemento castrexo máis coñecido da miña parroquia, Ribadetea, no concello de Ponteareas, o castro da Croa.

Este xacemento, moi importante por súa estrutura defensiva de fosos-parapetos nas ribeiras do Tea, vinculado o período mineiro romano de extracción aurífera do Tea, tendo unha mina romana a escasos metros, e moi similar o famoso castro de Vilalonga en Castro Rei (Lugo).

Despois de aquela alerta, puxémonos moi  rapidamente diferentes persoas e colectivos a paralizar aquel chánchullo de desterre no interior do castro, e en poucas horas este atopábase paralizado e co expediente aberto por patrimonio.

A reacción e acción por nosa parte fora moi contundente e rápida, pero faltaba a solución. Pero esta xa non dependía de nos, senón de patrimonio.


Estes días, case tres anos despois, parece que por fin sae a luz as primeiras multas nos medios. Aquí un pequeno resumo de como foi o proceso nestes case tres interminables anos, muita info a fora publicando no meu anterior blogue “Ponteareas Historia Viva”, espero que con este proceso se colla conscienza por parte dos destrutores de patrimonio, e tamén máis audacia por parte de patrimonio a actuar máis rápido. 



SOS Castro da Croa, os Demos voltaron atacar pola espalda

Era un dos castros cun dos maiores sistemas defensivos de toda a cultura castrexa galaica, de estilo mineiro e cunha mina romana a menos de 50 metros del, e estaba na miña aldea, Ribadetea.

Digo estaba, pois nos últimos anos mentres un grupo de veciños intentamos impulsalo para coñecelo e posto en valor, facendo rutas guiadas, articulos en internet, publicando en revistas veciñais. Os demos, profesionais da destrución e acabar con todo, destruírono máis en cinco anos que en 2000 que ten de existencia.

Eses demos teñen nome (os mesmo do famoso herbicida), e tratase da propia CCMM de Ribadetea, que co apoio dos seus lacaios como a AAVV e demais convertéronse no peor inimigo da natureza e patrimonio en Ribadetea cando eles eran quen o debían protexer.

Primeiro reencheron con terras a zona central do poboado, logo fixeron camiños sen sentido polo interior dos parapetos destruíndo este, e a última que tiñan feito era un enorme burato acabando cun dos principais parapetos, pero esta xa pasa todos os limites, queren facer agora un aeroporto? Pois non ten sentido máis que facer dano a escavación que fixeron, facendo desaparecer parapetos enteiros.

Dende aquí muita dor e gañas de chorar, estes demos non pararán nunca e sen respeto e nin sequera propolo en asemblea co resto de veciños. Agora, o castro da Croa necesita máis apoios que nunca, pois pasou dun pequeno florecer e a ser coñecido, a estar en plena extinción por mor dos ratos, ratos que agora agachan as orellas e non saen das alcantarillas …

ISTO NON PODE SEGUIR ASÍ, SOS CASTRO DA CROA











Vista da zona que agora desapareceu cos parapetos xa danados.

Outras zonas xa afectadas nos últimos anos.


Nova zona que desaparece do castro marcada en roxo.

Publicado en Ponteareas Historia Viva no luns. nove de setembro do 2013.


Conseguimos paralizar novos desterres no Castro da Croa

De novo hoxe en Ribadetea levantounos a voz de alarma da cama. Días anteriores no Castro da Croa fixeran un autentico desterre destruíndo parte de seus parapetos de defensa e alterando parte do conxunto castrexo que esta protexido por patrimonio.Os culpables, a CCMM de Ribadetea.

Despois disto púxose en coñecemento da policía autonómica (que se encargan do patrimonio) as alteracións no Castro da Croa levanto expediente. Pois ben, apenas dous días despois voltou aparecer unha pala traballando no castro, sacando xabre para os camións.

A empresa o parecer pedira permiso o concello para sacar xabre, estes os puxeran en contacto co presidente da CCMM de Ribadetea que como non, mandounos a un dos pouco sitios protexidos por patrimonio da aldea para seguir facendo canteira de forma ilegal, o castro da Croa. Pero o millor de todo e o destino dese xabre, pois só desprazase uns metros de onde o quitan, indo para o novo paseo que vai pegado o Tea entre Cernadela (Mondariz) e Ponteareas.

Excavadora hoxe a mañá destruíndo parapetos no castro da Croa.

Este paseo esta feito con xabre procedente dun importante recinto arqueolóxico protexido por patrimonio, pero o millor esta por chegar, pois cando me acerco o lugar onde están facendo as obras máis preto do castro, vexo que se levan por diante un parapeto de defensa e afectan seu entorno. Non sei porque, pero xa tiña esa intuición, e o máis bonito que a obra foi fomentada pola propia Xunta, augas de Galicia e o concello de Ponteareas, que din ter todos os permisos e información da ruta, tanto que nin sabían que había un castro catalogado e protexido por patrimonio que leváronse por diante. Agora esta todo nas mans de patrimonio que foi informado.
Arriba, parapeto defensivo do castro arrasado parcialmente pola nova "senda do Tea"

Neste ambente de manipulacións, permisos, desinformacións e destrución o final o único que sae perdendo e o patrimonio e seu entorno natural, que o final de conta, o lado dos cartos, favoritismo e sacar a foto non vale nada.

En roxo ultimas alteracións e destrucións no Castro da Croa en 2 anos, de seguir así, nosos netos porán ver algún resto do antigo poboado fortificado.

Publicado en Ponteareas Historia Viva no xoves, 12 de setembro do 2013.


NOS MEDIOS CASE TRES ANOS DESPOIS.

FARO DE VIGO
1/03/2016

Patrimonio sanciona a Ponteareas por dañar el foxo del Castro da Croa

01.03.2016 | 02:49
La Dirección Xeral de Patrimonio abrió un expediente sancionador al Concello de Ponteareas por haber realizado un corte del "foxo" del Castro da Croa por la parte norte para la construcción de la caja de la senda fluvial. Esta actuación se desarrolló, según informó Patrimonio al grupo ecologista Adenco, sin contar con la autorización de la Dirección Xeral do Patrimonio Cultural. Además, Patrimonio también ha abierto un expediente sancionador a la Comunidad de Montes de Ribadetea por afecciones al mismo bien patrimonial.
11/06/2016

Patrimonio sanciona a Ponteareas con 6.000 euros

11.06.2016 | 02:31
La Dirección Xeral de Patrimonio le ha impuesto al Ayuntamiento de Ponteareas una sanción de 6.000 euros por los daños causados en la construcción de la senda del Tea a su paso por el Castro da Croa.
Según explicó ayer el Concello en una nota oficial de su gabinete de comunicación, "esta multa es consecuencia de la política del anterior gobierno, responsable de hacer un sendero al pie del río Tea sin respetar los valores culturales y arqueológicos". Añaden que "la actuación del anterior gobierno, en algunos tramos, fue un malgasto de dinero público como se demostró en este invierno con el destrozo del sendero a causa de las sucesivas crecidas del Tea".
La senda fue realizada en el año 2013 entre a Freixa y el Pozo do Barco, en la playa fluvial de Padróns.
A VOZ DE GALICIA
11 de xuño de 2016

A Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta impuxo unha multa de 6.000 euros ao Concello de Ponteareas por un atentado ao castro da Croa. Consistiu en cortar o foso do castro por pártea norte do xacemento, debido á construción da senda fluvial, sen contar coa previa e preceptiva autorización. Patrimonio obriga ao Concello a restituír a paraxe.
Os informes dos servizos técnicos de arqueoloxía da consellería conclúen que hai danos no xacemento arqueolóxico. A Asociación Ecolóxica en Defensa do Condado (Adenco) recorda que o Concello tratou de alegar descoñecemento da existencia do castro, a pesar de que este ben de interese cultural figura nas normas de plan municipal e incluso no PXOM de Ponteareas.
A destrución de parte do castro da Croa, na parroquia de Ribadetea produciuse a finais do ano 2013, segundo denunciou Adenco. Esta organización denunciou que na zona levou a cabo a derriba dun parapeto defensivo e a retirada de area e terra con pas e outra maquinaria pesada dentro da área de protección integral.
O castro da Croa é un elemento patrimonial arqueolóxico con protección integral. É un xacemento espectacular, non tanto polo seu recinto habitacional senón pola complejísima sucesión de parapetos e fosos cos que conta.
Anxo Saborido, responsable de Adenco, sinala que continuarán divulgando e defendendo o patrimonio da Comarca do Condado e denunciando todas as consecuencias negativas derivadas das sendas fluviais realizadas na beira do río Tea.
O Concello sinala que a multa é consecuencia da política do anterior goberno, que fixo un carreiro nunha zona inundable «e sen respectar os valores culturais e arqueolóxicos». A actuación do PP nalgúns tramos, supuxo «malgastar diñeiro público como se demostrou neste inverno cos danos das crecidas».
A senda foi realizada no ano 2013 entre A Freixa e o Pozo do Barco, na praia fluvial de Padróns ao longo do 3.160 metros, e implicou o movemento de terras que afectaron o castro.
O goberno local sinala que está a traballar, en coordinación coa Consellería de Medio Ambiente, no proxecto de actuación para contar cunha senda que respecte o río e «o rico patrimonio ambiental e cultural da zona».
DIARIO DE PONTEVEDRA

La Xunta impone a Ponteareas una multa de 6.000 euros por dañar el Castro da Croa

La sanción fue revelada por el grupo ecologista Adenco y llega tras las actuaciones realizadas por el Concello para la construcción de una senda fluvial y que no contaban con la preceptiva autorización

El grupo ecologista Adenco ha asegurado que la Dirección Xeral de Patrimonio Cultural impuso al Ayuntamiento de Ponteareas (Pontevedra) una multa de 6.000 euros por las actuaciones realizadas para la construcción de una senda fluvial que dañó el Castro da Croa y que no contaban con la preceptiva autorización. 

Según ha informado Adenco en un comunicado, la resolución dictada por Patrimonio le notifica al Consistorio "la obligación de restituir las cosas a su estado" después de que los informes de los servicios técnicos de arqueología de la Consellería concluyan que "hay daños en el yacimiento derivados del corte del foso del castro". "Sorprendentemente, durante el proceso sancionador el Ayuntamiento trató de alegar desconocimiento de la existencia del castro, a pesar de que este bien de interés cultural (BIC) figura en las normas del planeamiento municipal e incluso en el Plan General de Ordenación Municipal de Ponteareas, tal y como señalan los servicios técnicos del a Consellería", ha asegurado el grupo. 

DAÑOS. Adenco ha recordado que "desde el momento de la destrucción" de parte de este castro, en Ribadetea a finales de 2013, denunció estas actuaciones y realizó diferentes iniciativas para poner en conocimiento de las autoridades competentes las afecciones que padeció este elemento patrimonial. 

En concreto, citan la destrucción de parte de un parapeto defensivo y la retirada de tierras con palas y otra maquinaria pesada dentro del área de protección integral. Según ha recordado la asociación, el Castro da Croa es un elemento patrimonial arqueológico de "enorme interés" catalogado como BIC y con protección integral que se localiza la parroquia de Ribadetea, en el municipio pontevedrés de Ponteareas.

GALICIA CONFIDENCIAL

A Xunta multa con 6.000 euros a Ponteareas por danar o Castro da Croa

As obras dunha senda fluvial están na orixe desta sanción que foi denunciada polo grupo ecoloxista Adenco.

Por Galicia Confidencial | Ponteareas | 10/06/2016 | Actualizada ás 13:15
Dirección Xeral de Patrimonio Cultural impuxo ao Concello de Ponteareas (Pontevedra) unha multa de 6.000 euros polas actuacións realizadas para a construción dunha senda fluvial que danou o Castro da Croa e que non contaban coa preceptiva autorización.
Destrucción de parte dos parapetos do castro da Croa, en Ponteareas /http://ponteareashistoriaviva.blogspot.com.es
Destrucción de parte dos parapetos do castro da Croa, en Ponteareas /http://ponteareashistoriaviva.blogspot.com.es
Así o asegura a asociación Adenco que di que Patrimonio “obriga de restituír as cousas ao seu estado" ao concello despois de que os informes dos servizos técnicos de arqueoloxía da consellería concluíran que "hai danos no depósito derivados do corte do foso do castro".
"Sorprendentemente, durante o proceso sancionador o Concello tratou de alegar descoñecemento da existencia do castro, a pesar de que este ben de interese cultural (BIC) figura nas normas do plan municipal e mesmo no Plan Xeral de Ordenación Municipal de Ponteareas, tal e como sinalan os servizos técnicos do a Consellería", asegurou o grupo nun comunicado.
Adenco recordou que "dende o momento da destrución" de parte deste castro, en Ribadetea a finais de 2013, denunciou estas actuacións e realizou diferentes iniciativas para poñer en coñecemento das autoridades competentes as afeccións que padeceu este elemento patrimonial.
En concreto, citan a destrución de parte dun parapeto defensivo e a retirada de terras con pas e outra maquinaria pesada dentro da área de protección integral. Segundo recordou a asociación, o Castro da Croa é un elemento patrimonial arqueolóxico de "enorme interese" catalogado como BIC e con protección integral que se localiza a parroquia de Ribadetea, no municipio pontevedrés de Ponteareas.


GALICIA PRESS

Ponteareas tendrá que pagar 6.000 euros de multa por dañar un castro



El Concello de Ponteareas tendrá que pagar una multa de 6.000 euros por dañar el Castro da Croa durante las obras realizadas para la construcción de una senda de fluvial.

Se trata de una sanción impuesta por la Dirección Xeral de Patrimonio Cultural dada a conocer por la asociación ecologista Adenco, que le notifica al Consistorio "la obligación de restituir las cosas a su estado" después de que los informes de los servicios técnicos de arqueología de la Consellería concluyan que "hay daños en el yacimiento derivados del corte del foso del castro".

"Sorprendentemente, durante el proceso sancionador el Ayuntamiento trató de alegar desconocimiento de la existencia del castro, a pesar de que este bien de interés cultural (BIC) figura en las normas del planeamiento municipal e incluso en el Plan General de Ordenación Municipal de Ponteareas, tal y como señalan los servicios técnicos del a Consellería", han asegurado desde Adenco.

Adenco ha recordado que "desde el momento de la destrucción" de parte de este castro, en Ribadetea a finales de 2013, denunció estas actuaciones y realizó diferentes iniciativas para poner en conocimiento de las autoridades competentes las afecciones que padeció este elemento patrimonial.

En concreto, citan la destrucción de parte de un parapeto defensivo y la retirada de tierras con palas y otra maquinaria pesada dentro del área de protección integral.


Según ha recordado la asociación, el Castro da Croa es un elemento patrimonial arqueológico de "enorme interés" catalogado como BIC y con protección integral que se localiza la parroquia de Ribadetea, en el municipio pontevedrés de Ponteareas.

COMARCAS NA REDE

MULTA DE 6.000 EUROS AO CONCELLO DE PONTEAREAS POLA DESTRUCIÓN DO CASTRO DA CROA

DESTACADODestrozos no parapeto defensivo do Castro da Croa / Foto: AdencoDestrozos no parapeto defensivo do Castro da Croa / Foto: AdencoAs actuacións vinculadas coas sendas fluviais comezan a ter consecuencias. O Grupo Ecoloxista ADENCO vén de comunicar que acaba de ter coñecemento "da sanción de 6.000 euros imposta pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia ao Concello de Ponteareas como responsable dunha infracción administrativa pola realización dun corte do foxo do castro pola parte norte do xacemento debido á construción da senda fluvial, sen contar coa previa e preceptiva autorización da Dirección Xeral".
A resolución dictada por Patrimonio, explica o grupo ecoloxista, notifícalle ao Concello ponteareá a obriga de restituír as cousas ao seu estado orixinal. Os informes dos servizos técnicos de arqueoloxía da Consellería conclúen "que hai danos no xacemento arqueolóxico derivados do corte do foxo do Castro da Croa". Sorprendentemente, explica Adenco, durante o proceso sancionador o Concello -o anterior Goberno, cómpre salientar- "tratou de alegar descoñecemento da existencia do Castro, a pesar de que este Ben de Interese Cultural figura nas normas de planeamento municipal e mesmo no PXOM de Ponteareas, tal e como sinalan os servizos técnicos da Consellería".
Desde o momento da destrución de parte do castro da Croa, en Ribadetea a finais do ano 2013, ADENCO ten denunciado estas actuacións e realizado diferentes iniciativas para por en coñecemento das autoridades competentes as afeccións que ten padecido o elemento patrimonial, concretamente a destrución de parte dun parapeto defensivo e a retirada de xabre e terra con palas e outra maquinaria pesada dentro da área de protección integral.
A importancia do ben patrimonial Castro da Croa
O Castro da Croa é un elemento patrimonial arqueolóxico de enorme interese catalogado como Ben de Interese Cultural e con protección integral. Este elemento patrimonial, localizado no concello de Ponteareas na parroquia de Ribadetea, é un espectacular xacemento, non tanto polo seu recinto habitacional senón pola complexísima sucesión de parapetos e fosos cos que conta o que o converten nun elemento singular e único que debe ser conservado e protexido e que mesmo pode servir para dinamizar socioeconomicamente a contorna.
ADENCO asegura que continuará coa súa labora de divulgación e defensa do patrimonio da Comarca do Condado e "denunciando todas as consecuencias negativas derivadas das sendas fluviais realizadas na beira do Tea".

A LOITA POLO LEGADO PATRIMONIAL E CULTURAL QUE NOS DEIXARON NOSOS DEBANCEIROS CONTINUA!